[Fotos y video] Solidariedade Internacionalista coa Ucraína antifascista

Imágenes de la concentración antifascista y solidaria con Donbas celebrada en Vigo

 

 

 

 

 

 

Mentres en Minsk, Rusia e a OSCE acordaban onte, 19 de setembro, unha retirada das tropas das fronteiras de Donetsk e Lugansk, desde Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, coa colaboración da Liga Estudantil Galega, chamamos diversos colectivos sociais, políticos e sindicais a unha concentración en denuncia das agresións fascistas contra a autoproclamada Novorossia como parte dun ataque maior, de carácter imperialista, centrado sobre Rusia e co pano de fondo do fin da unipolaridade do mundo.

A concentración, como acto final das xornadas de solidariedade co Donbass organizadas en Vigo, que incluían tamén unha palestra na libraría Andel da cidade, reuniu unhas cen persoas e colectivos baixo o lema central «Solidariedade Internacionalista coa Ucraína Antifascista» e palabras de orde como «Imperialismo fora da Ucraína», «Non son pro-rusos, son antifascistas» ou «Unión Europea, unión imperialista».

 

 

Extraído de: http://galiza.lahaine.org/fotos-solidariedade-internacionalista-coa-ucraina

 

 

Esta entrada fue publicada en 2) General, 3) Noticias, 5) Campañas. Guarda el enlace permanente.